O Ministerio de Interior comunicoulle ó concello de Barreiros “que se vai producir un incremento da plantilla no posto da Garda Civil que existe en Barreiros. Chegará un cabo primeiro e a plantilla pasará a contar cun sarxento, un cabo, un cabo primeiro e seis gardas civís”. O alcalde, Alfonso Fuente Parga di que “se trata dunha boa noticia que este cuartel siga aumentando os seus efectivos”