Site icon Crónica3.com A Mariña

Lamentase o PP de que o presidente da Deputación non aportou en Celeiro medidas de apoio á pesca

Nota de Prensa

OS DEPUTADOS PROVINCIAIS DO PP POLA MARIÑA CONSIDERAN QUE O COMPROMISO DE BESTEIRO COA PESCA E CERO

•    Os populares lamentan que estivera en Celeiro sen  medidas concretas de apoio á pesca

•    Lembran que se opuxo a pedir controis sobre presos e importacións

A Mariña, a 23 de novembro de 2008.- Os deputados provinciais pola Mariña do Partido Popular manifestaron hoxe que é realmente lamentable que o presidente da Deputación veña a Celeiro a ofrecer apoio da Deputación, cando resulta que non o fixo en dúas ocasións en que tivo oportunidade de facelo en senllos plenos da Deputación.

Os populares presentaron no verán de 2007 unha moción para pedir medidas para non tirar os presos en orixe de bonito e pescada; meses despois, presentaron unha moción na que se pedía a posta en marcha dunha campaña publicitaria de difusión do peixe vendido nas lonxas da Mariña que tamén podía servir de vehículo de difusión turística.

Os deputados populares pola Mariña José Manuel Yanes Ginzo, José María González Barcia e Guillermo Leal Arias consideran que Besteiro non pode vir a un foro de debate á Mariña coa situación que está a vivir o sector, non traer propostas e limitarse a ofrecerse non se sabe moi ben para que.

Os deputados populares consideran que a súa presencia en Celeiro tiña que substanciarse nun plan de axuda ás confrarías,  organización de productores e entidades xestoras das lonxas para a mellra da súa infraestructura e funcionamento; na posta en marcha, como lle solicitou o PP no seu día, e ó que el se negou, a emprender unha campaña de difusión do peixe que se vende nas nosas lonxas en toda España, que serviría tamén como reclamo turístico; no compromiso de establecer liñas de financiamento ós armadores para a mellora da capacidade competitiva e modernización dos barcos.

Ademais, os deputados provinciais do PP lembran que os presupostos da Deputación e do INLUDES para este ano, feitos xa polo bigoberno da Deputación, non inclúen nada que non se aportara antes.

En cambio, segundo os populares, limitouse a lembrar a súa visita  Sudamérica, cando resulta que a nivel de pesca os armadores mariñanos xa descubriron esa parte do planeta hai anos, e saben perfectamente como facer as cousas.

Os deputados provinciais do PP pola Mariña pídenlle a Besteiro algo máis de seriedade e de rigor, que non veña “chufarse” á costa e que non a use para autobombo e autocomplacencia, porque en ano e medio que leva como presidente da Deputacion non fixo nada por esta comarca.

Exit mobile version