Site icon Crónica3.com A Mariña

Ismael Rego “advírtelle a Feijoó que os mariñaos detectan a política dos trileiros”

Nota de Prensa

SMAEL REGO ACUSA A FEIJOO DE “ TENTAR INTRODUCIR NA MARIÑA DE LUGO A SÚA ESTRATEXIA DA MENTIRA E DA MANIPULACIÓN SOBRE AS ACTUACIÓNS DO GOBERNO GALEGO”

– Afirmou que “Núñez Feijoo perdeu unha boa ocasión de pedirlle perdón aos mariñaos, polo abandono ao que os tivo sometidos na súa etapa no Goberno de Galicia”

– Advírtelle a Feijoó “ que os mariñaos detectan a política dos trileiros; Feijoó xamais foi A Mariña a dar noticias positivas, sempre foi a dar malas noticias, vive instalado na política de canto peor, mellor”

– Considerou “ao PP e a Núñez Feijoo coma unha opción perfectamente inútil para a defensa dos intereses dos cidadáns da Mariña e de Galicia en xeral”

Santiago, 13 de Novembro do 2008. O portavoz do Partido Socialista no Parlamento de Galicia, Ismael Rego respondeu hoxe con contundencia as criticas de Núñez Feijoo sobre os orzamentos na Comarca da Mariña de Lugo.

Ismael Rego acusou a Feijoó de “tentar introducir na Mariña de Lugo a súa estratexia da mentira, e da manipulación sobre as actuacións do Goberno Galego”.

O portavoz socialista afirmou que “Núñez Feijoo perdeu unha boa ocasión de pedirlle perdón aos mariñaos, polo abandono ao que os tivo sometidos na súa etapa no Goberno de Galicia”, e engadiu “que os cidadáns da Mariña teñen memoria e saben o abandono aos que os tivo sometido na súa etapa de Conselleiro de Política Territorial e Vicepresidente da Xunta de Galicia, ata o punto que a partida da Mariña de Lugo nos orzamentos era un 62% inferior a actual”, sinalou.

A Mariña un protagonismo especial con Touriño

Coas cifras na man Rego explica que “os 48.119.567 millóns de euros que os orzamentos destinarán á zona supoñen o 62.7% mais que os últimos cando Gobernaba o PP”. Destacou que “nos últimos 3 anos A Mariña Luguesa mantivo un protagonismo especial nos orzamentos da Comunidade Autónoma, como froito da consideración por parte do Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño”. Segundo o deputado socialista “esta é unha Comarca estratéxica para a orientación do novo modelo de política económica de Galicia, donde A Mariña, aparece reflexada como unha das Comarcas mais activas, económica e socialmente de Galicia”.

O dirixente socialista advírtelle a Feijoó “ que os mariñaos detectan a política dos trileiros. Feijoó xamais foi A Mariña a dar noticias positivas, sempre foi a dar malas noticias, vive instalado na política de canto peor, mellor”. Amais considerou “ao PP e a Núñez Feijoo coma unha opción perfectamente inútil para a defensa dos intereses dos cidadáns da Mariña e de Galicia en xeral”.
 

Proxectos en execución

“Tódolos proxectos -explica Rego- de infraestruturas e equipamentos, estradas, suelo industrial, vivenda, equipamentos portuarios, abastecemento, saneamento, e tratamento de verquidos, ou en materia educativa ou sanitaria, están hoxe executados ou en fase de execución”.

Por último Ismael Rego di que “o PP nunca quixo entender o gran protagonismo que o Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, atribúe ao norte de Lugo, que aparece reflexado en cada un dos orzamentos aprobados polo Goberno, e na súa estratexia para a Ordenación Territorial de Galicia, donde asume un papel protagonista no Plan de Reequilibrio Territorial, nas Directrices de Ordenación do Territorio e no propio Plan Director das Estradas de Galicia”.

Exit mobile version