XOVE .- O concello de Xove e o Servicio Provincial de Deportes equiparon a piscina e o ximnasio municipal de Xove con aparellos específicos para persoas diminuídas, bicicletas estáticas, cintas de correr, material de halterofilia, entre outros. Estas dotacións supuxeron unha inversión de 44 mil euros, dos que 35 mil aportounos o propio concello e 9 mil o Servicio Provincial de Deportes.
Nota de Prensa
IMPORTANTE INVERSION EN EQUIPAMENTO NA PISCINA E XIMNASIO MUNICIPAIS DE XOVE
O Concello de Xove, coa colaboración da Consellería de Cultura e Deportes, acaba de realizar unha importante inversión en equipamento para a Piscina e o Ximnasio Municipais. Neste sentido, onte 25 de novembro, o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro acompañado polo Xefe do Servizo Provincial de Deporte de Lugo Constantino López, realizaron unha visita á Piscina e ao Ximnasio co fin de comprobar as inversións realizadas.
Hai uns meses o Concello solicitou unha subvención para equipamento da Piscina e do Ximnasio acolléndose á unha Orde do 5 de marzo de 2008 para realización de obras de infraestructuras deportivas e para equipamentos deportivos; para este último concepto, a Consellería concedeulle ao Concello unha cantidade de 9.000 €uros dentro desta Orde, concretamente 2.000 €uros para a instalación dun salvaescaleiras, 1.000 €uros para un elevador hidráulico (ascensor acuático) e 6.000 €uros equipamento do ximnasio. Pola súa banda, o Concello invirteu 35.000 €uros neste proxecto.
Coa inversión total de 44.000 €uros (35.000 do Concello e 9.000 da Consellería), ademáis dos dous aparellos para diminuidos xa citados, tamén se ampliou o equipamento do Ximnasio con bicicletas estáticas, cintas de correr, material de halterofília, etc.
As inversións realizadas, especialmente nos aparellos adicados a diminuídos físicos, van servir para axudar a integración deste colectivo, dado que o que se pretendeu foi a eliminación de barreiras físicas, mellorando a accesibilidade da Piscina e o Ximnasio.