O edil socialista asegura que “esta obra supón outro paso máis do compromiso deste Concello na modernización do noso pobo, tanto na separación de augas pluviais e residuais, como na recuperación de tramas urbanas degradadas, dándolle a estas rúas unha nova imaxe compatible tanto para a comodidade dos veciños como para a potenciación do comercio e da hostalería alí implantados”.
As obras a realizar consisten na separación de augas residuais e pluviais, anchear as beirarrúas na rúa Marqués de Sargadelos, novo asfaltado, novo mobiliario urbano, novo alumeado e reordenación de aparcamentos.
Pascual Doménech, concelleiro de Obras e Servizos, engade que “aproveitamos tamén para precisar que se tentará conxugar a marcha das obras coa actividade comercial e cos accesos a vivendas e garaxes, lembrando que os aparcamentos na rúa quedarán eliminados mentres non rematen as obras, polo que lle pedimos colaboración a veciños e comerciantes afectados, e ao mesmo tempo, desculpas polos trastornos que se poidan ocasionar”.