Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso de seguridade no traballo con maquinaria agrícola en Xove

XOVE .- Tendo en conta que no sector agrícola e forestal existe un número elevado de accidentes, debidos na súa maioría ó mal uso da maquinaria cando se traballa, considérase que a principal medida a tomar é a FORMACIÓN DO TRABALLADOR, para poder así reducir os accidentes. Por iso a Consellería do Medio Rural está poñendo en marcha unha campaña de formación sobre “ Seguridade viaria e Seguridade no traballo para condutores de maquinaria agrícola e forestal”, que está dirixida a traballadores que teñen que manexar ou estar a cargo de calquera maquinaria vinculada a este sector.

No Concello de Xove tivo lugar os sábados 8 e 15 de novembro, en horario de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h., un CURSO dirixido a tódolos veciños e veciñas interesados no tema, que manexan maquinaria tanto agrícola como forestal. O número de asistentes ó curso foi de 29 persoas, mais do estipulado porque só era necesario 20 alumnos para poder dar o curso . O curso foi TOTALMENTE GRATUITO. O profesorado, tanto para as sesións teóricas como para as prácticas, foron técnicos nomeado pola Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, e tamén un mestre de Autoescola para os temas de Educación Vial.

Exit mobile version