Site icon Crónica3.com A Mariña

Critica o PP de Burela que o alcalde so leva un punto o pleno do xoves

Nota de Prensa

O GMPP asegura que a vagancia do alcalde xa é crónica.

Os populares critican que se aprobe o pliego da auga sete meses despois de iniciado o expediente.

Este é o único punto que leva ó alcalde ó pleno.

O GMPP asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que o alcalde de Burela comenza a ter vagancia crónica porque o único punto que leva o alcalde ó pleno de mañán xoves é o pliego de condicións para a adxudicación do servicio de subministro de auga e saneamento, expediente que se iniciou a principios de abril do presente ano e que o alcalde ainda pecha agora.

Para os populares, esto é mostra da escasa capacidade de traballo que tén esta persona que nos tocou como alcalde. O pasado luns dixo na comisión que co pliego se buscaba o mellor para os veciños; eso xa se dá por descontado, porque se lle paga para eso, e porque se se busca outra cousa que non sexa o beneficio xeral terá que aclaralo.

O GMPP lamenta que se teña perdido tanto tempo na aprobación deste pliego, que por outra parte non presenta ningunha complexidade técnica, senon que se remite a pliegos similares. Ademais, lembrar que a pereza deste alcalde motivou que houbese que prorrogarlle o contrato á empresa concesionaria, que se extinguía o un de Xuño do presente ano. Proceso similar seguiu o PP coa gardería, e daquela díxose que era ilegal: nos gustaría saber se agora tamén opinan o mesmo o alcalde e Nieves Cando.

Os populares advirten que o propio alcalde manifestou hai días  que haberá que revisar os prezos do recibo da auga á alza, co que todo o que nos tentou vender hasta agora é fume.

O pleno que a corporación burelesa celebrará mañán, xoves, inclúe tres mocións presentadas polo PP, sobre enmendas ós presupostos da Xunta, sobre enmendas ós presupostos do Estado, e referente á violencia de xénero.

Por outra banda, o GMPP presentou varias preguntas por escrito: o PP quere saber canto, e en que conceptos se leva pagado por traballos técnicos derivados da Unidade de Actuación de Torrentes. Ademais, o GMPP solicitou por escrito datos sobre a aplicación da Lei de Dependencia en Burela a mediados de Outubro, e non se lle respostou, polo que cabe entender que Nieves Cando quere ocultar o fracaso da Lei de Dependencia. Unha Lei que está en vigor desde o un de Xaneiro de 2007 e que só reciben dez persoas en Burela, dous anos despois.

Exit mobile version