Esta semana Burela acolleu unha conferencia sobre a doazón de órganos, que contou coa participación da nutricionista, Cristina Nieto, que falou de hábitos de vida saudables para previr enfermidades. Interviu tamén o presidente da Asociación Galega de Enfermos pola Doazón de Órganos, Pascual Pereira e o vicepresidente da asociación, José Ramón Seijas, que analizou a súa experiencia como transplantado desde hai seis meses.