Nota de Prensa
EN RIBADEO HABERÁ MAÑÁ OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN E SEXUALIDADE PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Ribadeo, 25 de novembro de 2008. A Concellaría da Muller de Ribadeo desenvolverá diversas actividades neste mes, en decembro e tamén en abril dentro da IV edición da campaña Un futuro por compartir en igualdade organizada con motivo da celebración do día internacional contra a violencia de xénero. Nos diversos actos organizados participarán alumnos todos os centros de ensino de Ribadeo en dita campaña: Gregorio Sanz, Sagrado Corazón, Dionisio Gamallo Fierros e Porta da Auga.
Mañá mércores 26 e o xoves 27, haberá obradoiros de coeducación impartidos por Andamiaxe nos que se abordarán aspectos coma os oficios e tarefas, a corresponsabilidade ou a violencia de xénero, entre outros. Neles participarán rapaces de 2º de infantil, 3º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO.
E o venres 28 de novembro está previsto un encontro lúdico-festivo da mocidade contra a violencia de xénero, no pavillón do Gregorio Sanz a partires das 7 da tarde e destiñado a rapaces a partires de 12 anos. Trátase dun concerto no que participarán membros dos grupos: Amigos de lo Ajeno, Skala Drinker, Medio Gramo, Beatle Judges, Sempre se Fixo, Operación Punk e Sinestesia. Os estudantes que participen no encontro irán con símbolos identificativos coa loita pola eliminación da violencia exercida hacia ás mulleres. A entrada é libre e gratuita. Ese día pola tarde no mesmo centro haberá un obradoiro de bebidas saudables que impartirá persoal da Escola de Hostelería de Foz.