Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezaron en Carballido as obras do primeiro circuíto de motocrós de A Mariña

ALFOZ .- Iniciáronse as obras para a construción na parroquia de Carballido, no concello de Alfoz, do primerio circuito de motocrós de A Mariña. O voceiro nacionalista, Iván Marrube, sinalou que “comeza “a ver convertida en realidade a nosa promesa feita ao club de motocrós Enduouro”.
Este proxecto e a un convenio entre a Deputación Provincial de Lugo e o Motoclube EnduOuro e conta cun investimento de 30 mil euros para realizar a primeira fase.

Nota de Prensa

COMENZARON EN ALFOZ AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DO CIRCUITO DE MOTOCROSS.

Alfoz, 10 de novembro de 2008. Estes días comenzaron a realizarse as obras para a construcción do circuito de motocross de Carballido no concello de Alfoz. Desde o BNG, Iván Marrube, asegura que <amosamos a nosa ledicia ao ver convertida en realidade a nosa promesa feita ao clube de motocross Enduouro. Eu mesmo me comprometín con eles en que ían posuir un circuito e xa temos en marcha o único circuito de motocross da comarca da Mariña polo que estamos moi satisfeitos>.

O voceiro nacionalista en Alfoz considera que <co circuito ademáis de aumentar a oferta lúdica e deportiva na Mariña e de proporcionarlles aos practicantes desta modalidade as instalacións axeitadas tamén se consegue algo moi importante que é evitar que os deportistas que fagan motocross teñan que facelo por camiños, montes e outros lugares pouco apropiados co perigo e os inconvintes que iso acarrea para terceiras persoas>.

Iván Marrube engade que <con esto queremos mostrar a todos, á xente do concello que as nosas promesas, non son só iso, senón que son compromisos serios cos veciños e que si a xente do BNG de Alfoz nos comprometemos en algo é porque o podemos facer e o imos conseguir>

Exit mobile version