Burela acollerá a vindeira semana a segunda conferencia coa que remata o I Ciclo Sociopedagóxico da ANPA do IES Monte Castelo. O tema que abordará será O cancro de útero, prevención, diagnose e tratamento. A charla será impartida por Begoña Guillén, médica do hospital de Burela; Elena Cascar, xinecóloga no hospital de Monforte e tamén participarán membros do laboratorio que fabrica a vacina contra esta doenza.