Site icon Crónica3.com A Mariña

Cen mil euros para a estrada do Monte en Ribadeo

RIBADEO .- Hoxe comezaron as obras da terceira e última fase da estrada do monte en Ribadeo, segundo ven de informar o alcalde. Fernando Suárez, define esta infraestrutura coma “moi importante para as parroquias costeiras. As obras comezaron hai un par de anos, e dada a súa dimensión, a súa execución e o aglomerado asfáltico que era algo descoñecido ata hai ben pouco aquí neste concello temos que darlle as grazas á achega económica integral da Consellería de Medio Rural que foi receptiva desde o principio a estas propostas que lle fixemos desde o Concello de Ribadeo”. O rexedor engade que “agora dentro do que é o Plan Estratéxico de Infraestruturas de Medio Rural pois nesta terceira fase destínanse 98.500 euros, practicamente cen mil, que se investirán ao longo da parroquia da Devesa pola que discorre esa estrada do monte ata a igrexa”.

Fernando Suárez asegura que “xa está traballando na zona unha moto-niveladora. Hai uns días que tiñan que ter empezado estas obras, pero debido ás inclemencias meteorolóxicas que tivemos pois non foi posible que se iniciasen antes”. O alcalde de Ribadeo sinala que nesta terceira fase tamén se están incluídas “unha mellora nos camiños do núcleo do Barral na Devesa e obras tamén nunha serie de viarios na parroquia de Vilaosende. Así se totalizan os 100.000 euros que vai executar a empresa TRAGSA á que estes días verán os veciños traballando pola zona e dentro de poucas semanas por parte de Medio Rural poderemos ter unha boa noticia para as parroquias de Ribadeo”.

Exit mobile version