Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela tén dereito a compartir un subparque de bombeiros con Cervo, afirma o PP

O PP CONSIDERA O MÁIS AXEITADO COMPARTIR UN SUBPARQUE DE BOMBEIROS CON CERVO.

Lembra que esa solución é a máis rápida e a máis efectiva.

Os populares consideran que o alcalde é sumiso ante a Xunta e a Deputación.

O PP de Burela considera que o alcalde “confórmase co imprescindible” a hora de buscar solucións ós problemas de incendios urbanos e de rapidez e eficacia na actuación. Para os populares, Burela tén dereito a poder compartir un subparque e bombeiros con Cervo, dadas as especiais características dos dous concellos: portos importantes, instalación industriais, hospital, configuración claramente urbana de Burela, cumplimento do tempo mínimo de reacción e actuación, etc.

O que pasa é o que o alcalde non se atreve a demandar o que hai que demandar, o subparque de bombeiros compartido con Cervo, como fixo cando o presidente da Deputación visitou Burela: dixo que lle ía pedir o subparque, pero á hora da verdade o asunto quedou en nada, como se desprendeu da nota de prensa oficial que fixo pública a Deputación, e que ainda está colgada da web do ente provincial. O asunto sacouse do contido da reunión antes de que esta comenzara, por orden directa de Besteiro, que así demostra “o cariño” que nos tén ós de Burela.

O PP lamenta que se lembre agora de que na Estrada se poden facer cursos de formación: eso é así desde hai bastantes anos, e na agrupación de voluntarios de Protección Civil de Burela hai persoas cos cursos superiores de formación. O que sí é certo é que a practica totalidade dos membros do GRUMIR non teñen, a día de hoxe, formación cualificada, co que a responsabilidade do alcalde vai en aumento neste campo.

En definitiva, que o alcalde forma parte deses que din “non se conforma quen non quere”.

En Burela,a quince de Novembro de dous mil oito.

Exit mobile version