Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiro pide implicación para defender o emprego na provincia de Lugo

NOTA DE PRENSA:

BARREIRO INSTA ÁS ADMINITRACIÓNS A “IMPLICARSE” NA DEFENSA DO EMPREGO DA PROVINCIA DE LUGO

* O Presidente provincial do PP asegura que PSOE e BNG “perderon o tempo negando a evidencia na vez de buscar solucións e poñelas en marcha”

* Salienta que a provincia de Lugo é a que experimenta un maior incremento do desemprego tanto con respecto á media galega como estatal

Burela, a 5 de novembro de 2008.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro instou ás administracións autonómica e provincial a implicarse na defensa do emprego coa posta en marcha de medidas eficaces que permitan remontar a crise económica. Os “malísimos datos” sobre o incremento do paro do mes de outubro que foron “especialmente negativos” na provincia de Lugo, que co 8,23 por cento a sitúan por riba da media galega (7,39%) e da estatal (7,34%) “obrigan”, ó entender de Barreiro, a que as administracións “se poñan en acción” despois “de perder moito tempo negando a evidencia”.

O feito de que Lugo teña dende outubro 1.267 persoas máis no paro, o que sitúa a cifra total en 15.752 en total, “un dos peores datos dos últimos seis anos”, e que o sector primario sexa un dos máis afectados (representa un incremento do 17,7 por cento) foi outro dos aspectos nos que o presidente provincial dos populares fixo especial énfase.

“Levamos moito tempo alertando de que o sector básico da nosa económica estaba pasando por un mal momento e que había que poñer en marcha plans que pemitiran compensar esa situación e asegurar a súa supervivencia. Na Deputación, por exemplo, presentamos varias iniciativas encamiñadas a favorecer as explotacións gandeiras, tanto de carne coma de leite, e a actividade pesqueira, nun intre ademais no que moitos barcos poden acabar no desguace, pero atopámonos con que foron rexeitadas”, explicou.

“Socialistas e nacionalistas, pese as circunstancias, insisten en que Galicia está mellor preparada para afrontar a crise pero a realidade, augurada polo PP e que agora desgraciadamente principia a confirmarse, é que simplemente farase notar máis tarde pero con máis intensidade se cabe. Co agravante de que as administracións, sobre todo a Xunta, non soubo nin quixo aproveitar ese retraso para adiantarse a esta situación co desenvolvemento de políticas de emprego axeitadas”, engadiu.

Barreiro fixo este análise durante un encontro celebrado esta tarde en Burela con afiliados e simpatizantes, así coma con responsables do comité local, que preside José María González Barcia, e que se enmarca nun intenso calendario de xuntanzas encamiñadas a coñecer de primeira man a situación na que se atopan as diversas zonas da provincia e para manter un contacto directo coas bases do partido.

Exit mobile version