NOTA DE PRENSA
O GMPP denuncia a perda dunha subvención para prevención da violencia de xénero.
Elisa Crego pregúntase para que tén Nieves Cando adicación exclusiva.
Os populares aseguran que o Bloque fala moito e non fai nada en materia de violencia de xénero.
O GMPP de Burela denunciou hoxe a través dunha nota de prensa a non concesión, por parte da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar ó Concello de Burela, dunha subvención para o desenvolvemento de programas experimentais e innovadores en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero. Esto é o que se desprende dun escrito da Xunta rexistrado no concello a finais de Agosto e do que se deu conta na xunta de goberno de catro de Setembro.
Os populares, a través da súa concelleira Elisa Crego, consideran que Nieves Cando debería dar explicacións ó respecto, porque tén dedicación exclusiva, e leva persoalmente a delegación municipal de Servicios Sociais, Igualdade e Muller. Segundo Crego, Nieves Cando é a única responsable da perda da subvención por non ser capaz de definir as liñas políticas de actuación nesta materia.
Elisa Crego indicou que o importante, ademais da contía da subvención, que podería chegar hasta vinte mil euros, é o feito en si mesmo. Crego considera que se Cando perdeu esta subvención, pode perder outra, cun importe superior ou inferior, pero no campo do que estamos a falar tén unha enorme trascendencia, porque estamos ante unha lacra social que estamos vendo que a Xunta, desde a Vicepresidencia da Igualdade, tén pouco interese en eliminar: falan moito e non fan nada, todo é propaganda. Proba delo é que a orde pola que se fixaban tales subvenciòns so dispoñía de douscentos mil euros para toda Galicia.
Para Elisa Crego, esto demostra o escaso grado de implicación real do PSOE e do BNG en materia de prevención da violencia de xénero. Se se denega unha subvención a un concello coma Burela, que leva doce anos demostrando o seu compromiso coa igualdade, coa muller e coa inmigración, podemos entender tamén que non se creen xulgados específicos en materia de violencia de xénero en todas as cidades galegas, que tarden entre seis e dez meses en chegar as axudas ás mulleres maltratadas, e que se demore outro tanto a súa inclusión nas listas de demandantes de emprego con carácter preferente. E tamén se entende que só asignen douscentos mil euros para toda Galicia nesta liña de axudas.
Por último, os populares pregúntanse para que se lle paga con cartos de todos a Nieves Cando cerca de corenta e cinco mil euros anuais, porque con ese soldo debería de ter atadas e ben atadas todas as subvencións, especialmente as que convocan as consellerías “amigas”.