Site icon Crónica3.com A Mariña

Antía Saa, alumna do IES Perdouro, obtén un dos Premios Extraordinarios de ESO 2007-2008

BURELA .- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, consciente da importancia de recoñecer e valorar publicamente os comportamentos excepcionais dos alumnos e alumnas dos niveis da educación básica, de seguir avanzando na consecución dunha igualdade de oportunidades efectiva, e de procurar un ensino comprensivo e integrador, convocou segundo a orde 17 de abril de 2008, (DOG do 24 de abril) os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2007-2008.

Una vez resoltos os premios, e publicados no día de hoxe no DOG, entre os premiados e premiadas, atópase unha alumna do IES PERDOURO, Antía Saá del Río.

O acto de entrega de premios terá lugar o próximo día 12 de decembro, no salón de actos do Conservatorio de Música Profesional de Santiago.

Exit mobile version