Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos do Ies Perdouro premiados no Concurso Galego de Robótica

BURELA .- Jonatan Díaz Murados e Juan González Moirón, alumnos do instituto de educación secundaria Perdoruo de Burela, recibiron o primeiro premio do Concurso Galego de Robótica, na modalidade de Bacharelato e Ciclos Formativos. Os gañadores do concurso, acompañados polo director do centro,Juan Sama, desprazáronse o sábado a Lugo onde participaron no acto de entrega de premios ao que asistiu a conselleira de Educación.
Aos representantes do Ies Perdouro de Burela entregoulles os premios Manuel Días Regueiro, presidente de Igaciencia (Institución Galega de Ciencia).

Exit mobile version