BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, recibiu esta mañá a visita da directora xeral de Protección Civil, Esther González e do delegado provincial de Presidencia, Luis Rodríguez Edrosa que supervisaron os novos vehículos cos que conta o Concello para Protección Civil e para a Policía Local. Segundo explica o rexedor “tamén estivemos a falar de todo o que atañe a Protección Civil, porque eu quero que en Burela exista un servizo de acción rápida o máis completo e o mellor posible para a nosa poboación e incluso para poder axudar ás poboacións limítrofes. Neso quedamos, hai que analizar e estudiar o material que nos faga falla para ter un bó servizo e incluso pensamos en mellorar a formación do persoal de Protección Civil e así estivemos a falar de poder mandalos o vindeiro ano á Estrada a algún dos cursos de 500 horas que alí se impartirán”.
Parque de bombeiros
Alfredo Llano asegura que a directora xeral de Protección Civil e o delegado de Presidencia lle comunicaron que “imos formar parte do parque de bombeiros que se abrirá en Barreiros e que funcionará ao 100% no 2009. Xa sabemos que tamén se vai a abrir outro en Viveiro, pero por proximidade o que mellor nos queda ós de Burela é o de Barreiros, pero con todo o que a min máis me interesa é que o noso grupo de intervención rápido sexa máis completo e que estea mellor formado, e o que houbo esta mañá foi un bó entendemento”.