Site icon Crónica3.com A Mariña

Adega pide a Medio Ambiente que non sancione ao veciño que criou un lobo

MONDOÑEDO .-  Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) solicitoulle a Consellería de Medio Ambiente que, “de forma excepcional” non sancione con unha multa ao veciño de A Ricadeira, en Mondoñedo, que criou a un lobo en catividade. Adega di que “alegamos que a pesares de ser un feito imputábel, ten a atenuante de amosar cara o animal unha actitude positiva, da que estamos moi necesitados”.

Nota de Prensa

ADEGA PIDE A MEDIO AMBIENTE QUE NON SANCIONE AO VECIÑO QUE CRIOU UN LOBO EN CATIVIDADE

Malia a ser un feito sancionábel, hai gran diferenza cos vándalos que envelenan ou poñen lazos

11 de novembro de 2008. ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, ven de solicitar á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel que non aplique, de forma excepcional, a multa ao veciño de A Recadieira-Mondoñedo que criou a un lobo en cautividade.

Alegamos que a pesares de ser un feito imputábel, ten a atenuante de amosar cara o animal unha actitude positiva, da que estamos moi necesitados.

O lobo é un animal salvaxe e coma tal debe de vivir no seu medio, para asegurar a conservación da especie que neste momento está a sufrir graves ameazas. Retirar exemplares do monte non é dende logo unha práctica permitida nin aconsellable, pero, tendo en conta tamén que é un feito aillado e o primeiro caso coñecido publicamente, pedimos que se resolva cunha clara advertencia pública ao veciño para que non se volvan a repetir situacións semellantes.

Pese a ser sabedores das dificultades, insistimos en que son os depravados ilegais que poñen veleno, practican a caza furtiva ou colocan lazos no monte, sobre os que debera caer todo o peso da lei. Son estas lamentábeis práticas, e non a conduta illada deste veciño, as que causan os danos máis graves ao noso medio ambiente provocando un desastre natural en cadea que afecta a unha parte importante da nosa fauna.

Exit mobile version