Site icon Crónica3.com A Mariña

A Oficina Municipal de Emprego de Burela cambia de localización

BURELA .- A oficina de emprego municipal que ate o momento estaba instalada nas dependencias do Concello de Burela ten nova localización. Actualmente atópase en Avda. Arcadio Pardiñas, 137 entrechán, teléfono/fax: 982 581 630 nas instalacións compartidas coa Fundación Expomar, o departamento de Medio Ambiente do Concello de Burela e a Cámara de Comercio de Lugo.

Por outra banda a edil de Emprego, Sonia Fraga, destaca “a nova figura de orientación laboral coa que contamos coa contratación dunha nova técnico de emprego a través da subvención outorgada pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, que, xunto coa axente de emprego xa existente dende xaneiro de 2008, forman o equipo de emprego do Concello de Burela”.

Bolsa de emprego

A concelleira socialista lembrar que “segue en funcionamento a Bolsa de Emprego Municipal, na cal se orienta e deriva a ofertas laborais a tódolos demandantes de emprego que así o desexen de maneira individualizada a través de Itinerarios de Inserción Personalizados. Tamén é de destacar a campaña para a ampliación da rede de empresas colaboradoras que iniciou este departamento municipal no pasado mes de outubro coa finalidade de captar un maior número de ofertas laborais debido ó aumento de demandantes de emprego nestes últimos meses (na actualidade ó número de usuarios/as que posúe a Bolsa de Emprego Municipal sube das 300 persoas). Cabe mencionar que, pese á crise que se está a vivir na actualidade, a porcentaxe de inserción laboral non diminuíu, roldando o 38% de usuarios/as que se atopan actualmente en activo”.

Exit mobile version