Site icon Crónica3.com A Mariña

A exposición fotográfica “Xove. 360º”, agora no centro social de Vilachá

XOVE .- A exposición fotográfica “Xove. 360º”, agora itinerante, pode contemplarse no centro social de Vilachá ata o 7 de decembro. “Xove. 360º” é unha mostra de 42 imaxes tomadas no concello de Xove polos fotógrafos Felipe Abad, Mario Cordovilla, José Manuel Blanco, Míriam Bermúdez, Santos Cordovilla, Alberto Rapa e Juan Antonio Fernández.

Nota de Prensa
Esta Exposición fotográfica, que durante unha boa parte do mes de agosto e comezos de setembro estivo exposta na Sala de Exposicións do Cívico, pode ser contemplada, a partires de hoxe, 25 de novembro,  no Centro Social de Vilachá, na Parroquia de Portocelo ata o 7 de decembro. O horario de apertura vai selo o do propio Centro Social.
Ata este momento, a Exposición, ademáis do Centro Cívico de Xove, xa pasou polos Centros Sociais  de Palmeiro, Lago, O Cruceiro, A Vara e Sumoas. Depois de Vilachá, a Exposición vai ir do 9 ao 21 de decembro ao Centro Social de San Isidoro de Monte, rematando ahí o seu periplo por tódalas parroquias do Concello de Xove.

A organización desta Exposición arrancou hai varios meses cando dende o Concello se realizou unha convocatoria dirixida a amantes da fotografía,  en especial a fotógrafos amateurs, co fin de organizar unha exposición de fotografía sobre o noso Concello. A esta convocatoria acudiron 7 fotógrafos (Felipe Abad, Mario Cordovilla, José Manuel Blanco, Míriam Bermúdez, Santos Cordovilla, Alberto Rapa e Juan Antonio Fernández), que son os autores das 42 fotografías que conforman a Exposición.
As fotografías están en formato 40X50, realizadas en papel fotográfico máis “foam” (unha especie de cartón pluma). O deseño do cartel da Exposición, así como o deseño da presentación das fotografías, foi realizado por Felipe Abad, un dos fotógrafos participantes na mesma.

Exit mobile version