Este parque conta cunha superficie total de 130.400 metros cadrados dos que 84.400 metros cadrados serán de uso industrial e comercial, outros 27.000 metros cadrados para o sistema viario e aparcadoiros, 16.350 metros cadrados para zonas verdes e 2.600 metros cadrados destinaranse a uso dotacional.
Fonte
Vivenda adxudica por 3,1 m. € as obras de urbanización-electrificación e a dirección de obra do Parque empresarial de Landrove- Viveiro
Na urbanización e electrificación a Consellería inviste 3 M. € e na Dirección de obra outros 90.023 €. O prazo para executar as obras é de 9 meses
Este parque contará con 130.400 metros cadrados, dos que 84.400 serán de uso empresarial
Santiago de Compostela, 29 novembro 2008.- A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe Teresa Táboas, adxudicou por 3.165.870 € as obras de urbanización e electrificación do Parque Empresarial de Landrove, no Concello de Viveiro, así como a Dirección de obra. O prazo para executar estes traballos ascende a 9 meses. Este parque conta cunha superficie total de 130.400 metros cadrados.
O investimento para as obras de urbanización e electrificación ascende a 3.075.847 € e a empresa que resultou adxudicataria no concurso público, a UTE Arias Hermanos- Pavasal Constructora, disporá dun prazo de 9 meses desde a sinatura da acta de replanteo para comezar ditas obras. Por outra banda, a Dirección de obra foi adxudicada por 90.023 € á UTE Noega Ingenieros- Ingetec.
Neste momento, a Xunta xa ten adquirida a totalidade dos terreos para o desenvolvemento deste parque, o 70% foron adquiridos de mutuo acordo cos propietarios das fincas e o 30% restante a través dun expediente de expropiación.
O Parque Empresarial de Landrove terá unha superficie total de 130.400 metros cadrados, dos que 84.400 metros cadrados serán de uso industrial e comercial, outros 27.000 metros cadrados para o sistema viario e aparcadoiros, 16.350 metros cadrados para zonas verdes e 2.600 metros cadrados destinaranse a uso dotacional.
Este parque cumprirá cuns criterios de calidade óptimos en canto á integración no territorio. As zonas verdes, 16.350 metros cadrados, exercerán como pantallas protectoras das vivendas que están máis próximas ao parque, ao igual que as zonas destinadas a solo dotacional e de equipamentos.
Por outra banda, tódalas paredes das futuras naves, incluídas as susceptibles de ampliación, deberán ser tratadas como se fosen fachadas, é dicir, coa calidade propia dunha obra rematada. Ademais, tódalas instalacións auxiliares das naves principais deberán ter un nivel de acabado axeitado que non desmereza a estética do conxunto. Finalmente, os espazos libres que non sexan pavimentados deberán ser acondicionados con elementos de xardinería.