Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira do PP de Burela Elisa Crego pide máis medidas para frenar a violencia de xénero

Nota de Prensa

O GMPP pide máis medidas para frenar a violencia de xénero.
Elisa Crego considera que “non melloramos nada nos últimos anos”.
A concelleira popular cre que con manifestos e campañas puntuais non se resolve o problema.

O GMP afirmou hoxe, a través da súa concelleira Elisa Crego, que fan falla máis medidas para frenar e erradicar a violencia de xénero. Elisa Crego anunciou a presentacion dunha moción nese sentido, porque os populares consideran que se deben aumentar os xulgados específicos na materia para axilizar as actuacións xudiciais; Crego considera que esa medida, xunto co incrementos de recursos humanos e materiais para axudar ás mulleres amenazadas e facer un seguimento asfixiante dos violentos, pode contribuir a minorar os efectos da violencia de xénero.
Elisa Crego considera que os casos non van a menos, co que pón en tela de xuizo a efectividade da lei, que leva en vigor máis de catro anos. Ademais, Crego considera que as mulleres maltratadas tardan entre seis e oito meses en cobrar as prestacións económicas públicas, e tardan igual media de tempo en ser inscritas como demandantes de emprego preferentes pola súa condición de maltratadas. Crego asegura con rotundidade que “eso non pode permitirse, porque é un tempo esaxerado”.
Os populares, asegura Crego, non ven mal os manifestos e as campañas publicitarias, pero eso nin chega nin resolvoe o asunto, e ás veces convírtense en meros actos propagandísticos dos políticos de turno. Por eso o PP presenta esta moción, que plantexa medidas concretas. Crego afirma que erradicar a violencia de xénero levará o seu tempo, pero máis levará se nos limitamos ós manifestos e ás campañas publicitarias e non adoptamos soluciòns contundentes e inmediatas que impliquen aumento de recursos e da súa efectividade.
As medidas que o PP pide que se adopten son as seguintes:
1.- Instar á Xunta de Galicia a
•    Elaborar un protocolo de actuación específico cos medios de comunicación públicos e privados a fin de realizar campañas publicitarias e informativas, así como programas documentais centrados na prevención e sensibilización da poboación infantil, xuvenil e adulta.
•    Poñer en marcha convenios de actuación con outras administración públicas para garantir a difusión das campañas de sensibilización entre os centros dependentes da Administración Local, Administración de Xustiza, e entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local.
•    Que faga cumplir o acordo unánime do Parlamento de Galicia para que dote de xulgados específicos de violencia de xénero a Lugo, Ourense e Ferrol, que quedaron excluidos do proxecto anunciado polo Ministerio de Xustiza, no que se anunciou a creación de dúas novas unidades exclusivas en Santiago e Pontevedra.
•    Elaborar un Plano Exclusivo e Integral de Loita contra da Violencia de Xénero.
•    Abone as prestacións económicas que correspondan ás víctimas nun tempo máximo de tres meses.
•    Reducir o tempo de incorporación das víctimas ás listas de demandantes de emprego preferentes a tres meses.
2.- Instar ó Goberno a que adique os recursos económicos necesarios e imprescindibles para o pleno desenvolvemento e execución da Lei Integral de Medidas de Protección Integral contra da Violencia de Xénero.
•    Instar ó Goberno a que incremente o número de policías adicados exclusivamente á protección da muller víctima da violencia de xénero, incidindo especialmente en que estean formados para estas tarefas e na comunicación directa, permanente e personalizada coas víctimas reais ou potenciais.
•    Instar ó Goberno a que incremente o número de xulgados especializados en violencia de xénero, dotándoos dos medios materiais e humanos necesarios para garantir o seu efectivo funcionamento.
•    Instar ó Goberno a que despregue en todo o territorio nacional as Oficinas de Atencion ás Víctimas, e facer efectiva a asistencia letrada inmediata.
•    Instar ó Goberno a que revise o procedemento informático da valoración de risco para víctimas de violencia de xénero co fin de que sexa máis efectivo, homoxéneo e axude a diminuir o número de víctimas mortais.
•    Instar ó Goberno a que no marco da Lei Integral de Protección da Violencia de Xénero insira os planos de protección personalizados para as víctimas de violencia de xénero.

Exit mobile version