Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuntanza do director xeral de Turismo con medios de comunicación en Foz

FOZ .- O director xeral de Turismo, Rubén Lois, e o asesor da Consellería de Innovación e Industria, Xosé Ramón Ermida, mantiveron unha xuntanza en Foz con representantes de medios de comunicación implantados na Mariña para intercambiar opinións sobre a promoción turística desta zona. Foi no transcurso dunha comida de traballo na que participaron representantes de Onda Cero, Victoria Pérez e Beni Mántaras; da Ser, Aparicio Carrasco; de La Voz de Galicia, María Cuadrado e de El Progreso, Alicia Carballedo.
O director xeral de Turismo explicou as iniciativas que o seu departamento ten previsto levar a cabo para promocionar A Mariña e tamén escoitou as opinións e propostas plantexadas por los representantes dos medios de comunicación.

Exit mobile version