RIBADEO .- A viceportavoz de Agricultura do Partido Popular no Parlamento galego, Isabel García Pacín, visitou este luns Ribadeo para reunirse con membros da executiva local da agrupación xuvenil Nuevas Generaciones, que preside Daniel Vega.
A deputada autonómica popular estivo na parroquia ribadense da Devesa e denunciou a crise que sufre o sector agrícola e gandeiro, motivada pola baixada dos prezos de productos como o leite. Esta situación obriga a moitos xóvenes a abandonar o traballo no campo, segundo explicou Isabel García Pacín en declaracións á emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM).
A viceportavoz de Agricultura do PP na Cámara galega criticou a política agraria do actual goberno da Xunta.