Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Xunqueira quéixanse de que o concello de Viveiro non aplica a normativa

VIVEIRO .- Veciños de Xunqueira, no Concello de Viveiro, quéixanse de que non poden ter acceso rodado as súas vivendas porque o impide unha edificación e, din, “o concello non aplica a normativa”. As tres familias afectadas creen que “a razón é que a casa que impide o paso, non é de calquera veciño, senón, nada menos, da chave de goberno do concello de Viveiro”. Os veciños advirten do perigo existente no caso de un sinistro para o acceso de unha ambulancia ou un coche de bombeiros.
Nota de Prensa

Teoricamente un concello está para defender os intereses de tódolos cidadáns, pero esto é so teoría no caso do Concello de Viveiro. A mellor proba é a foto que acompaña este texto: tres familias non teñen dereito a ter acceso rodado a súa vivenda porque o concello de Viveiro non aplica a normativa correspondente. Non toca aquí agora profundizar en cal é a causa, aínda que moitos veciños a saben.
Que pasaría se hai un incendio ou é necesaria a intervención dunha ambulancia? A estas vivendas do popular “barrio dos muíños” en Xunqueira estalles negados tales servizos…a razón é que a casa que impide o paso, non é de calquera veciño, senón , nada menos, da chave de goberno do concello de Viveiro.
Quen non dixo que non había cacicadas no século XXI? Animádevos unha destas fermosas tardes de outono a recorrer o citado barrio dos muíños en Xunqueira e veredes…. As posibilidades deste barrio serían moitas se se deixase facer… pero hai a quen lle interesa que todo siga igual que fai cen anos, si, cen anos, conservando as congostras por onde subían os carros e non permitir que un veciño teña dereito a chegar a súa casa en coche.. ou a que chegue o coche do butano… e din que estamos na era de avances tecnolóxicos… para algúns, en Xunqueira, a outros tócanos agardar.

Exit mobile version