CERVO .- Dende principios de ano permanece sinalizado con indicacións de obras un tramo de uns 3,5 quilómetros da estrada N642, entre o lugar de Figueirido e o de Rio Cobo, no concello de Cervo, no que non se están executando obras, salvo nuns 300 metros, o final do mesmo, en Rio Cobo, zoa na que parece se centran as actuacións previstas polo Ministerio de Fomento. Descoñecese a finalidade de entorpecer o tráfico con sinalizacións verticais e horizontais nun tramo de 3,5 quilómetros sen que se executen obras que afecten o circulación no traxecto. A estrada sinalizada con indicación de obras inclue unha recta de uns 1,2 quilómetros de lonxitude.
A única autoridade que parece mostrar interese polo desenrolo destas obras é o alcalde popular Cervo, Alfonso Villares, quen periodicamente as supervisa.
Según informacións do Concello de Cervo as actuacións previstas por Fomento neste tramo consisten na substitución da intersección en dobre T de Río Cobo por un enlace con paso superior; a construción de dous vías de servizo paralelas á N-642, separadas con barreira de formigón. Tamén está previsto canalizar os cambios de sentido e a incorporación á N-642 evitando as manobras de cruce e xiro á esquerda, entroncarán coa estrada de acceso a San Ciprián e Sargadelos que conecta co ramal de enlace e coa urbanización de Río Cobo. As obras foron adxudicadas o no mes de xullo do ano pasado e contan cun orzamento de 2,5 millóns de euros.