Site icon Crónica3.com A Mariña

En Ribadeo sancionaran por aparcar na zona azul sin disco e por pasar da hora

RIBADEO .- A partires do vindeiro luns 20 de outubro o Concello de Ribadeo sancionará aos coches que estean aparcados na zona azul na rúa Doutor Moreda e nas inmediacións das praza de abastos que non conten co disco correspondente e aos que se pasen da hora establecida. O rexedor, Fernando Suárez, asegura que “despois de varios meses informativos sobre este sistema de aparcamento agora aplicaremos a ordenanza reguladora en toda a súa dimensión sancionando aos que a incumplan”.
Os interesados en contar cos discos azuis para aparcar nesa zona de xeito totalmente gratuito poden acudir a retiralos ao Concello de Ribadeo ou pedir información á Policía Local. O alcalde ribadense anima “a todos os cidadáns a seguir actuando con responsabilidade”.

Exit mobile version