Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta de “sendeirismo” en Burela

BURELA .- O Concello de Burela colaborará coa Asociación Pasada das Cabras para crear unha ruta de sendeirismo no municipio que terá 15 quilómetros de lonxitude, segundo anunciou no día de hoxe o alcalde, Alfredo Llano. O rexedor asegura que “nela imos tratar que se misturen un pouco as características do noso Concello, entón vamos pasear cara A Marosa para que se vexa o mar, subiremos cara o Monte Castelo para que se observe a montaña e despois baixaremos polo Cantiño e regresaremos ao punto de partida pasando por sitios singulares desde o punto de vista cultural e paisaxístico”.

Llano engade que “o que se trata é de promocionar o noso Concello en valores paisaxísticos e medio ambientais, culturais e turísticos. Desta maneira queremos promover este tipo de actividades que están collendo un grande auxe entre os aficionados da comarca”.

O alcalde burelés explica que “o Concello colocará un cartel moi vistoso na praia da Marosa, outro ao principio da ruta na Praza da Mariña ou na praia urbana… irán con información da ruta, con fotos dos lugares que se visitarán e tamén axudaremoslles a marcar con sinalización regulamentada o traxecto para que calquera que queira a poida facer sen perderse”. Alfredo Llano di que “este convenio con Pasada das Cabras é importante para o Concello de Burela. Eles están traballando na cartografía, na información e na fotografía e o Concello está encantado de colaborar con eles2

Exit mobile version