Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo seguirá sin xulgado, sentencia o PP

NOTA DE PRENSA
A directora xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Begoña Santos, confirmou que entre os sete novos xulgados que se crearán na nosa comunidade non estará a recuperación da sede xudicial nesta localidade mariñá
RIBADEO SEGUIRÁ SEN XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN

* Outra oportunidade perdida: PSOE e BNG obstaculizar a recuperación do xulgado ribadense en contra do que prometeron no seu día. Segundo o PPdeG ambos partidos enganaron aos veciños da Mariña oriental.

* Os populares dubidan da vontade política do Goberno galego a prol da recuperación deste servizo e incluso chegan a poñer en dúbida que a Xunta tivera reclamado o novo xulgado ao Executivo central. “Reclamamos o documento no que consta esta solicitude no Parlamento e non nolo deron. Levamos máis de seis meses esperando por el”

A Mariña, 13 de agosto de 2008.-  A director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Begoña Santos, confirmou a preguntas do PPdeG que Ribadeo seguirá sen xulgado de primeira instancia e instrución. A representante do Goberno bipartito de Galicia realizou a devandita afirmación no seo da comisión 1º de Administración Xeral e Xustiza do Parlamento galego onde compareceu para dar resposta a unha iniciativa do deputado José Manuel Balseiro. A través dunha pregunta oficial os populares querían saber se entre as sete novas sedes xudiciais que o Goberno central concedeu a Galicia a Xunta incluiría o xulgado de Ribadeo. A alto cargo da Consellería de Presidencia que compareceu na Cámara autonómica esta mañá rematou con esta expectativa tras confirmar que o Goberno galego non proporá a creación do xulgado de Ribadeo entre estas sete novas sedes xudiciais.

ROMEU MENTIU AOS VECIÑOS DA MARIÑA ORIENTAL

En opinión do Grupo Parlamentario Popular “estamos ante unha nova oportunidade perdida” o que pon de relevo que, tanto PSOE como BNG, “non teñen vontade política de recuperar este novo servizo e, inexplicablemente compórtanse de xeito contrario ao que deberían facer, isto é “como se o bipartito fora un obstáculo para a creación do novo xulgado”. Parece evidente que, tanto a propia directora xeral de Xustiza, Begoña Santos, na súa visita a Ribadeo, como o propio conselleiro socialista Méndez Romeu, “mentiron sen contemplación aos veciños cando afirmaron que recuperarían este xulgado”.

A XUNTA NEGA A DOCUMENTACIÓN SOLICITADA POLO PP

Ata tal punto chega o grado de desconfianza do Grupo Popular nas xestións que se están a levar a cabo por parte do Goberno galego en relación con esta petición unánime e consensuada das forzas civís, políticas e sociais da Mariña oriental, que os populares incluso dubidan de que a Consellería de Presidencia remitira ao Goberno central a proposta de creación deste novo xulgado de Ribadeo, tal e como afirmou publicamente xa fai tempo.

Isto é así porque pese a que o Grupo Popular ten reclamado con data 8 de abril do 2008, polo procedemento regulamentariamente establecido, o documento no que consta a solicitude desta nova sede xudicial, a Consellería de Presidencia non o remitiu aínda ao Grupo Popular “Levamos máis de seis meses esperando, e o Goberno galego non quere darnos esta información, e por iso que dubidamos incluso de que esta solicitude exista. ¿Que é o que queren ocultar?”

REORGANIZAR A XUSTIZA

Por outra banda, o deputado popular José Manuel Balseiro clarexou que o seu Grupo Parlamentario é partidario dunha reorganización do sistema xudicial na nosa comarca. “Que achegue servizos aos cidadáns e que contribúa a reducir a carga de traballo dos xulgados, facendo máis áxil a xustiza e máis eficaz a prestación deste servizo”

Neste senso propón ademais da creación dun novo partido xudicial nos concellos da Mariña oriental, que incluiría un xulgado de primeira instancia e instrución en Ribadeo, a incorporación dos casos xudiciais procedentes de Foz ao actual partido xudicial de Mondoñedo e o aumento no persoal destinado ao xulgado de Viveiro que, na actualidade, esta a sufrir certo colapso.

ANTECEDENTES

O Goberno que preside Jose Luís Rodríguez Zapatero vén de conceder sete novas salas xudiciais para toda Galicia. Isto representa menos da metade das solicitudes realizadas desde a nosa comunidade posto que reclamábamos a creación de 18 novos xulgados. Agora é a quenda da administración autonómica que, a través da Consellería de Presidencia, en reunión conxunta cos membros da sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, decidirán a distribución dos novos emprazamentos

Exit mobile version