Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo pide aos veciños que se esforcen na recollida selectiva de lixo

RIBADEO .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, insiste na necesidade de esforzarse na recollida selectiva en Ribadeo. Cupeiro conta que “hai uns días recibimos o informe de Ecoembes que é a S.A sin ánimo de lucro que se encarga de controlar e xestionar a recollida dos embases lixeiros, no que nos comunica que en Ribadeo se está mellorando no tocante a recollida selectiva. Ecoembes cada pouco tempo manda a uns inspectores que controlan todo canto se deposita nos contedores amarelos e logo comunícanos o resultado. Concretamente no mes de Abril estivemos por debaixo do 30% de impropios, exactamente o 26,71%”. O edil nacionalista lembra que “cando estamos por encima desa porcentaxe débese concretamente a catro tipos de residuos que se depositan no contedor amarelo e que non debería ser así, como son: materia orgánica, vidro, cartón e film comercial. O ano pasado xa se enviou a tódalas casas a información de como facelo e este ano tamén o imos a indicar, porque si superemos o 30% de indebidos o Concello será sancionado. Por todo o anterior, desde o Concello solicitamos a colaboración dos veciños á hora de seleccionar o lixo, xa que desta maneira contribuímos a que os residuos poidan ser logo transformados noutros produtos”.

Enseres na vía pública

Horacio Cupeiro tamén pide colaboración á hora de deixar enseres na rúa “quero que sexamos todos conscientes do problema que se crea ao Concello que se depositen enseres na vía pública sin comunicalo nos días indicados para a recollida que son os últimos martes de cada mes para o (madeiras mobles e colchóns) e os primeiros martes para os obxectos metálicos (neveiras e lavadoras) entre as 9 e 11 da mañá dese mesmo día. Esta mala costume obríganos a recorrer as rúas todos os días para controlar eses depósitos. O telefono do Concello é o 982.128.650”.

Cartón

O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo pídelles “aos establecementos que depositan o cartón fora dos contedores ou que o depositan sen pregar e sen atar os días de recollida porta a porta, que fagan estas entregas de acordo co bando da Alcaldía, porque estamos xogando coa imaxe de Ribadeo, e a imaxe da nosa vila e a nosa propia imaxe. Nós desde o Concello non debemos converter a vila nun estado policial, por máis que a vía sancionadora sexa a única que entenden algúns. Todos sabemos cando cumprimos có deber de cidadán. De todas formas de persistir a actitude dalgúns de non colaborar para conseguir un Ribadeo máis limpo, máis ordenado e máis humanizado, verémonos na obriga de sancionar a estes establecementos, que xa foron requiridos polo Concello”. Cupeiro recoñece que “a maioría cumpre, pero aínda quedan uns poucos que seguen depositando o vidro no contedor de orgánico. Quero recordar, que o teléfono do punto limpo é o 619 55 18 95 que está aberto de 9 a 13 e de 14:30 a 18:30 de luns a venres e de 9 a 13 os sábados”.

Pilas e baterías

Horacio Cupeiro tamén lles comunica

Exit mobile version