Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo contrata a un traballador social

O Concello de Ribadeo contratará a un traballador social a media xornada por un período de dous meses. Esíxese a diplomatura en traballo social e valoraranse os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas, o coñecemento do idioma galego e a antigüidade no paro.
Os interesados poden presentar a documentación esixida ata as 14 horas do 20 de outubro no Concello de Ribadeo. A proba de selección realizarase o 23 de outubro ás cinco da tarde na Casa do Concello.

Exit mobile version