Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo clasifica mal os residuos e Cupeiro non descarta que a policía revise as bolsas

RIBADEO .- Queixase o concelleiro ribadense de Medio Ambiente “estamos outra vez no cincuenta por cen de impropios ou o que é o mesmo a metade do que se bota neste contedor – o amarelo – non ten que ir a el “e non descarta, si os datos non melloran, “que a Policía Municipal interveña, tal e como se está a facer noutros países, revisando as bolsas no momento no que se depositen de forma aleatoria”. O responsábel local de medio ambiente Horacio Cupeiro espera que melloren.

Nota de Prensa

O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE PIDE IMPLICACIÓN AOS VECIÑOS PARA MELLORAR OS DATOS DA RECOLLIDA SELECTIVA DOS ÚLTIMOS MESES. OS IMPROPIOS CHEGARON ATA O 50%.

Ribadeo, 29 de outubro de 2008. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, está disgustado <polos resultados do último cuatrimestre relativos á recollida selectiva, ousexa o que deixamos no contedor amarelo>. O edil nacionalista di que <estamos outra vez no 50% de impropios ou o que é o mesmo a metade do que se vota neste contedor non ten que ir a él. É certo que foi no verán e por aquí pasa moita xente, pero os ribadenses temos que dar exemplo de solidaridade co medio ambiente, facendo  neste caso unha boa recollida selectiva para estar por debaixo do 30% recomendable>.
Si estes datos non melloran, engade Cupeiro, <no vindeiro trimestre veréime obrigado a que a Policía Municipal interveña, tal e como se está a facer noutros países, revisando as bolsas no momento no que se depositen de forma aleatoria>.
Excrementos dos cans
O edil de Medio Ambiente tamén se queixa <da rebeldía dalgúns veciños á hora de recoller os excrementos dos seus propios cans xa que despois de sacar o bando e de estar facendo campañas falando que non se están a facer as cousas ben, hai uns cantos que continúan facendo caso omiso tanto do bando municipal coma das recomendacións que estamos a facer>. Horacio Cupeiro insiste en que <si esto non cambia verémonos obrigados a involucranos máis desde o Concello para esto sexa unha realidade>.

Exit mobile version