Site icon Crónica3.com A Mariña

Quere coñecer o PP a lista de espera “encuberta” do Hospital da Costa

NOTA DE PRENSA
O Partido Popular empraza á Xunta a explicar canta xente permanece á espera de que lles chamen dos servizos de admisión do centro hospitalario mariñán co obxecto de indicarlles a súa cita definitiva co especialista

OS POPULARES QUEREN COÑECER A “LISTA DE ESPERA ENCUBERTA” NAS CONSULTAS DO HOSPITAL DA COSTA

• Malia o exercicio de propaganda oficial, os datos estatísticos indican que, 16 das 22 especialidades aumentaron a súa demora con respecto a fai tres meses. Destacan os incrementos nas consultas de rehabilitación (+32 días), endocrinoloxía (+28 días), nefroloxía (+21 días), dermatoloxía (+18 días), medicina interna e oftalmoloxía (ambas +16 días), neuroloxía (+15 días)

• No que vai de lexislatura -e comparando as estatísticas oficias actuais coas do 2005-14 consultas externas experimentaron un incremento nas súas lista de espera. Cumpre especial atención os 61 días de incremento nas listas en dermatoloxía, os +53 días de cardioloxía ou os 38 días que hai que esperar de máis para acceder a oftalmoloxía con respecto a xuño de 2005.

A Mariña, 25 de outubro de 2008.- O Partido Popular de Galicia quere coñecer a lista de espera encuberta que existe para o acceso ás consultas dos especialistas no Hospital da Costa toda vez que teñen constatado a existencia dun número importante de persoas que se vén afectadas por unha práctica irregular pola cal permanecen “invisibles ás estatísticas oficiais”.

Os populares explicaron que teñen constancia de que moita xente está pendente de que os servizos de admisión do hospital contacten telefonicamente con eles para indicarlles a data final na que terá lugar a súa consulta. “E nesta situación de espera, poden permanecer varios meses sen que se contabilice a todos os enfermos pendentes”. Deste xeito a Xunta contén as cifras da lista de espera de consultas externas, ao tempo que evita que se dispare a lista cirúrxica, provocando un tapón que atrasa o diagnóstico final.

En opinión do PPdeG esta manipulación fai que os datos oficiais perdan toda credibilidade aos ollos dos pacientes e usuarios do hospital mariñán “que poden sentirse ninguneados e enganados pola Xunta, que maquilla a realidade para ocultar a magnitude real deste problema. E con isto, atrasa a posible solución”.

TRES ÚLTIMOS MESES: O 72% DAS ESPECIALIDADES AUMENTARON A SÚA DEMORA

En todo caso, os populares explican que, “pese ao alarde de optimismo e propaganda oficial” o certo é que tampouco os datos oficiais son tan positivos como pretenderon vendelos nos últimos días desde a xerencia do hospital. De feito, unha simple comparación das estatísticas que poden consultarse na páxina web do SERGAS pon de relevo que, nos últimos tres meses empeorou a lista de espera en 16 das 22 especialidades, isto é en máis do 72% delas aumentou o tempo de demora. Así por exemplo, dende xuño de 2008 a setembro de 2009 incrementouse en +32 días a lista de espera de rehabilitación, en +28 días a de endocrinoloxía, en +21 días a de nefroloxía, en +18 días a de dermatoloxía, en +16 días as de medicina interna e oftalmoloxía,  15 días máis teñen que esperar os pacientes de neuroloxía que respecto aos datos de xuño de 2008 e, finalmente, en 10 días empeorou a lista de espera de traumatoloxía e uroloxía. Tamén rexistran un empeoramento con respecto a fai tres meses as especialidades de alergoloxía (+3 días), cardioloxía (+1 días), dixestivo (+9 días), hematoloxía clínica (+2 días), neumoloxía (+5 días), pediatría (+4 días) e reumatoloxía (+8 días). Os devanditos datos ofrecen un empeoramento medio, na totalidade das especialidades de 8 días, con respecto ao tempo de espera previsto en xuño. De 71 días pasan a 79, catro días máis ca media do conxunto do SERGAS.

SERVIZOS

Tempo medio de espera

XUÑO 2008

Tempo medio de espera

SETEMBRO 2008

Diferencia espera media

Tres últimos meses

REHABILITACIÓN

50

18

+ 32

ENDOCRINOLOXÍA

43

71

+ 28

NEFROLOXÍA

11

32

+ 21

DERMATOLOXÍA

60

78

+ 18

MEDICINA INTERNA

15

31

+ 16

OFTALMOLOXÍA

116

132

+ 16

NEUROLOXÍA

39

54

+ 15

TRAUMATOLOXÍA

14

24

+10

UROLOXÍA

70

80

+10

DIXESTIVO

13

22

+9

REUMATOLOXÍA

57

65

+8

NEUMOLOXÍA

21

26

+5

PEDIATRÍA

24

28

+4

ALERGOLOXÍA

39

42

+3

HEMATOLOXÍA CLÍNICA

13

15

+2

CARDIOLOXÍA

87

88

+1

Fonte: www.sergas.es (Estatísticas oficiais listas de espera)

13 ESPECIALIDADES EMPEORAN CON RESPECTO AO 2005

Para os populares resulta chamativo tamén que os datos de demora media sexan tamén negativos en 13 especialidades médicas no Hospital da Costa se os comparamos co 2005.

 A piques de rematar a actual lexislatura, o saldo da xestión do bipartito na sanidade pública mariñá segue a ofrecer malos datos estatísticos. Segundo as cifras oficiais, preocupa os incrementos en máis de 53 días da espera media para cardioloxía -que pasa de 35 días en 2005 ata 88 días en setembro de 2008-. Situación similar acontece noutras especialidades como dermatoloxía (+61 días con respecto ao xuño de 2005), cardioloxía (+53 días) oftalmoloxía (+38 días) … Ver cadro anexo

 

SERVIZOS

Tempo medio de espera

XUÑO 2005

Tempo medio de espera

SETEMBRO 2008

Difrencia espera media 2007/2005 Htal da Costa

DERMATOLOXÍA

17

78

+61

CARDIOLOXÍA

35

88

+53

OFTALMOLOXÍA

94

132

+38

UROLOXÍA

47

80

+33

NEFROLOXÍA

10

32

+22

REUMATOLOXÍA

44

65

+21

MEDICIÑA INTERNA

12

31

+19

ANESTESIOLOXÍA E REANIMACIÓN

1

18

+17

ENDOCRINOLOXÍA

56

71

+15

NEUROLOXÍA

39

54

+15

ALERGOLOXÍA

30

42

+12

PEDIATRIA

21

28

+7

DIXESTIVO

16

22

+6

Fonte: www.sergas.es (Estatísticas oficiais listas de espera)
OBXECTIVO PREFERENTE: AS ESPECIALIDADES MÁIS SATURADAS

En resume, a actual xerencia do SERGAS non está a xestionar de xeito correcto a problemática das listas de espera xa que, “parecen máis preocupados en agochar a magnitude real do problema que en solucionalo”. O PP mantén a necesidade de realizar un estudo minucioso dos datos e establecer aquelas medidas estratéxicas que contribúan a mellorar os tempos de espera naquelas especialidades máis saturadas. Neste senso, esixe un reforzo do persoal médico especialista e que se poña fin á práctica irregular de manter xente á espera de obter cita oficial como consecuencia do peche das axendas.

Exit mobile version