Site icon Crónica3.com A Mariña

Punto tecnolóxico “Cidades Dixitais” en Burela

BURELA.- Hoxe instálase na Praza do Concello de Burela o punto tecnolóxico de Cidades Dixitais no que os cidadáns poderán atopar información sobre a cultura, o deporte, as praias, as rutas, o comercio, a hostalería… O concelleiro delegado de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi asegurou na presentación que “si dende esta delegación no pasado mes de febreiro informabamos xa da intención de traballar para conseguir que o noso municipio formara parte do programa de Cidades Dixitais e sendo conscientes de que dende os Concellos se debe apostar por mellorar as tecnoloxías ao servizo das necesidades dos cidadáns. E que máis adiante anunciabamos que se atopaba amplamente desenvolvido este proxecto, hoxe compre dicir que aquela intención é xa unha realidade porque nestes momentos estase a instalar na Praza do Concello ese Punto Tecnolóxico de Información que nos integra definitivamente na rede de Cidades Dixitais e que nos vai permitir proporcionar como xa temos comentado información de interese aos cidadáns mediante un programa personalizado para Burela, con espazos para a cultura, o deporte, a hostalería, o comercio, as praias, as rutas, as festas, etc…·.

O edil nacionalista engade que EEn definitiva, todo o que ten que ver co turismo, a cultura e o lecer, dispoñendo tamén dun apartado para o cidadán, no que poderá atoparse toda a información sobre a administración municipal; e tamén sobre o noso deporte, as nosas asociacións, os nosos centros educativos”.

González Legazpi considera que “formar parte das Cidades Dixitais permitiranos intercambiar información turística con outras cidades que xa contan con este programa…de xeito que o impacto publicitario e a expansión turística do noso Concello verase multiplicada. Referir tamén, que dende o inicio deste proxecto hasta hoxe, día da súa instalación fixéronse modificacións no senso de mellorar o seu rendemento, así a pantalla de emisión superior que inicialmente era de 19 polgadas pasa a 50 o que representa unha mellora significativa. Dispón na súa pantalla posicional dunha imaxe da praia urbana co nome do noso Concello, xunto aos iconas de acceso idiomático que nos permiten a súa utilidade en galego, castelán e inglés, avanzándose con posterioridade a través de cinco menús principais denominados : historia e arte; turismo e natureza; feiras e congresos; burela hoxe; e lugares para ver, que nos van guiando a outras moitas posibilidades de iteración sempre de modo táctil, e asequible a todo tipo de persoas. En definitiva Burela da hoxe un paso importantisimo no campo das tecnoloxías da información, que nos permitirá sen dubida ser máis coñecidos noutros lugares, e tamén dispoñeer de ampla información”.

O concelleiro de Turismo agradece .

Así é Burela, é o lema da pantalla inicial que nos levará por amplos espazos de información e interés.

Exit mobile version