BURELA .- A responsable de persoal do concello de Burela, Remedios López Villar, indicou que 95 traballadores municipais pasaran un recoñecemento médico nun servicio móbil que contrata o concello de Burela para o persoal municipal. López Villar recorda que os interesados “deberán acudir en aiunas e cunha mostra da primeira urina da mañá”, ademais indica que “para realizar as demais probas pasarán na orde programada por min durante todo o día”.
Nota de Prensa
OS TRABALLADORES DO CONCELLO PASARÁN UN RECOÑECEMENTO MÉDICO NUNHA UNIDADE MÓVIL QUE ESTARÁ INSTALADA NAS INMEDIACIÓNS DA CASA CONSISTORIAL O VINDEIRO LUNS.
Burela, 31 de outubro de 2008. Segundo informa a edil de Persoal, Remedios López Villar, <por segundo ano consecutivo o Concello contrata un recoñecemento médico para os traballadores do Concello de Burela, dentro do programa de Prevención 2008>. En total 95 traballadores, 30 máis que o ano pasado, se someterán a dito recoñecemento que lles realizarán nunha unidade móvil que se instalará na Praza do Concello os días 3 e 4 de novembro. López Villar explica que <os dous días se farán extraccións aos interesados ás oito da mañá, para elo lémbrolles que deberán acudir en aiunas e cunha mostra da primeira orina da mañá. Para realizar as demáis probas (vista, oído, exploración…) pasarán na orde programada por min durante todo o día>.
Remedios López lembra tamén que <os traballadores que nestas datas se atopen de baixa ou de vacacións deberán realizar o recoñecemento médico unha vez que se dean de alta ou se incorporen aos seus postos. Este ano desde a área de persoal tamén realizamos cursos de riscos laborais e de formación que foron ben acollidos polo persoal do Concello>.