NOTA DE PRENSA
A portavoz do Comité Local, Raquel Rio, considera que hai famílias perxudicadas.
Rio lembra que as vivendas foron promovidas polo PP.
O Comité Local do PP de Burela manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que existe bastante malestar entre os adxudicatarios das trinta e dúas vivendas sociais do barrio de O Torno, dado que ainda non foron entregadas as chaves, a pesares de terse feito o sorteo de todas e cada das vivendas, e de ter licencia de primeira ocupación desde finais de Xuño de dous mil sete.
A portavoz do Comité Local do PP burelés, Raquel Rio, afirmou que hai famílias perxudicadas, porque están pagando alugueres e de momento non poden ocupar as novas vivendas, o que lles está a provocar desaxustes nas súas economias, economias que por outra banda xa van en xeral bastante axustadas.
Para Raquel Rio, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Vivenda, debería axilizar os trámites, se é que falta algún, para entregarlles as chaves os adxudicatarios, xa que as vivendas, que xa levan rematadas cáseque máis de ano e medio, deste xeito sofren deterioro.
Os populares lembran que foi o PP, desde o concello e desde a Xunta, quen promoveu estas vivendas.
En Burela, a vinte de Outubro de dous mil oito.
O GMPP de Burela.