RIBADEO .-A Garda Civil acordoou parte do cruce do Voar, na entrada a Ribadeo, a primeiras horas da tarde de hoxe, xoves. O motivo foi a chamada dun motorista que circulaba pola zona e viu un paquete xunto a un envase de aceite de motores, que considerou sospeitoso. Pero resultou ser unha falsa alarma, porque no interior do paquete, que lle caeu a un vehículo que circulaba pola zona, unicamente había libros. Cando isto foi comprobado pola Garda Civil rematou co operativo, no que participaron varios axentes e vehículos, o que creou expectación, xa que é un lugar moi transitado por ser o cruce das estradas nacionais 634 e 642.