Nota de Prensa
O GMPP pídelle a Domenech que se adique a traballar.
Lémbralle que o saneamento de Burela fíxoo o PP.
Os populares din que o saneamento de Cotos a Ril non resolverá todo o problema.
O GMPP de Burela solicitoulle hoxe ó edil de obras socialista Pascual Domenech que non perda o tempo en tonterías e se adique a traballar. Os populares lémbranlle que o proxecto de saneamento de Cotos a Ril é escaso e non atenderá todas as demandas dos veciños. O PP mantivera conversas cos veciños e fixera tres estudios, e dase a casualidade de que o máis barato e sinxelo andaba polos trinta mil euros.
Ademais, lémbranlle a Domenech que, lle guste ou non, o saneamento integral de Burela e a EDAR son obra do PP; Domenech debería saber que hai concellos gobernados polos socialistas que ainda non contan con EDAR, e este señor adícase a decir tonterías; nótase que leva pouco tempo en política, e tamén se nota o seu descoñecemento do que se fixo nos últimos doce anos. Só decille que Burela, con alcalde socialista, vertía todo directamente ó mar e a traída de augas tiña fugas día sí e día tamén, e que foi o PP quen cambiou toda a situación cunha inversión que superou os mil millóns das antigas pesetas.
No que se refire á recollida de augas pluviais, deberá saber o señor Domenech que, que casualidade, tamén foi o PP quen incluiu esa proposta na Axenda 21, e ahí están as actas da comisión de Medio Ambiente, que indican a obrigatoriedade de que as novas licencias leven separativo de recollida de pluviais e saneamento, e que as novas rúas tamén contemplen tal separativo. Agora ben, deberá aclarar se conta levantar todo Burela para poñer recollida de pluviais, e se vai facer coma en Suafonte e en Castrelo, cambiar o proxecto polas bravas, sen falar con ninguén e sen dar ningún tipo de información.
En definitiva, este home vende fume, e o peor de todo é que este ano e medio non dá para fiarse del: como mostra, a súa afirmación de que as obras de Suafonte e Castrelo durarían un mes, ou a súa celeridade para a preparación das praias.
En Burela, a sete de Outubro de dous mil oito.