Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE recrimina ao seu socio de goberno no concello de Burela

NOTA DE PRENSA

O PSOE DE BURELA APOIA A CONSTRUCCION DE VIVENDAS DE PROMOCION PUBLICA.

Non cabe mais que recordar que na anterior Lexislatura , o Grupo Municipal do PsdeG – PSOE , presentou unha Moción no ano 2003 na que solicitaba a construcción de vivendas promoción pública no Concello de Burela . Gracias a esa Moción , aprobouse en Pleno a solicitude ao Instituto Galego de Vivenda e Solo e lévase adiante o levantamento das actuais vivendas que se ubican na zona de O Torno e a dia de hoxe sen entregar .

Na actual Lexislatura , o Grupo Municipal do PsdeG – PSOE integrante do grupo de goberno , aprobou en Pleno , a cesión dun terreo na Unidade de Actuacción de Torrentes para a construcción de 42 vivendas de protección . A dia de hoxe o desenvolvemento da Unidade segue o seu curso , xa que se está acometendo a conducción do separativo de augas pluviais e residuais ata a EDAR , requisito e obra indispensable para a evacuacción das augas no momento en que se remate a urbanizacción de Torrentes .

Non deixa de ser curioso a reclamación da agrupación local do BNG sobre a axilización dos trámites e obras pendientes , cando teñen dous Concelleiros no Grupo de Goberno o que nos leva a pensar a desinformación ou información pouco fluida que existe entre a Agrupación e os dous Concelleiros do BNG integrantes do Goberno Municipal . Agora ben , se queren entrometerse na acción de Goberno , suxerimoslle que pregunten á súa Concelleira , Neves Cando sobre o inportante retraso que están a sofrir os adxudicatarios das vivendas sociais de O Torno , coas conseguintes molestias e incomodidades que está a causar este retraso.

AGRUPACION LOCAL DO PSdeG – PSOE Burela

Exit mobile version