Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP quere saber porque embarcacións de fóra da Mariña pescan ourizo na costa de Lugo

NOTA DE PRENSA:

Iniciativa Parlamentaria
Con este obxecto presentou unha iniciativa parlamentaria para que a Xunta explique se autorizou ou autorizará a inclusión destas embarcacións con porto base na Mariña pero non adscritas a ningún dos nosos pósitos no plan de recolección deste equinodermo para 2010

O PP QUERE SABER AS RAZÓNS POLAS QUE EMBARCACIÓNS NON ADSCRITAS ÁS CONFRARÍAS MARIÑÁS PARTICIPARÁN NO PLAN DE EXPLOTACIÓN DO OURIZO

– A normativa vixente obriga a que as embarcacións que desexen participar nos plans de explotación do ourizo non poden acumular máis de cinco artes autorizadas segundo o seu permex. O PPdeG quere saber se estás embarcacións foráneas cumpren esta obriga ou, no seu caso, cal é a arte á que renunciaron.
RECIPROCIDADE NO ACCESO ÁS AXUDAS

– Segundo os datos aos que tivo acceso do PPdeG as dúas embarcacións foráneas que participan no plan de explotación do ourizo mariñán pertencen á confraría de Barallobre e, en concencuencia, unha vez rematada a campaña poderían ademais cobrar as axudas que lles corresponden as embarcacións da ría de Ferrol. Balseiro Orol quere saber se esta mesma situación pode darse, con reciprocidade respecto dos membros dos pósitos mariñáns. Isto é, se os membros das confrarías mariñáns terían dereito a solicitar as axudas que se lles dan ás embarcacións da ría de Ferrol.

ESTADO DOS RECURSOS

– Por outra banda os populares queren saber que estudios científicos efectuou a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na zona de explotación da Mariña lucense ao longo dos dous últimos anos co obxecto de coñecer o estado deste recurso.

Exit mobile version