Nota de Prensa
O GMP presenta por escrito a petición de negociación das ordenanzas fiscais do ano 2009.
Considera que a crise debe mover a políticas para axudar a paliar os efectos da mesma.
Os populares reiteran a contención dos impostos e o establecemento de axudas para os máis desprotexidos.
O GMPP presentou hoxe no rexistro do Concello de Burela un escrito no que solicita do alcalde que as ordenanzas fiscais do ano 2009 se establezan por consenso, para o que os populares están dispostos a manter as reunións precisas.
Para os populares, a situación de grave crise da economía real que se está a vivir imponlles ós concellos que se marquen e definan políticas de axuda ás familias e ós sectores socioeconómicos máis desfavorecidos e máis expostos ós efectos da crise, políticas que deben ter como obxectivo paliar e minimizar os efectos da crise.
Para os populares, a conxelación de impostos e o establecemento de axudas para os máis desprotexidos deben ser as liñas a seguir, tal e como reflexaron en tres mocións que presentaron nos últimos cinco meses para adoptar medidas contra da crise e que nos tres casos foron rexeitadas polo bigoberno.
Os populares poñen un exemplo claro: o goberno do Estado xa está resolvendo os problemas dos bancos; tócalle ós concellos a traballar para solucionarle os problemas á xente normal, ós traballadores, ós comerciantes e autónomos, ós parados, ós dependentes.
O contido do escrito é o seguinte:
“Ante a grave situación de crise da economía real que afecta a todos os sectores económicios e sociais, os grupos políticos debemos fixar criterios para tentar que a mesma afecte o mínimo posible, sobre de todo, ás familias e sectores máis desprotexidos e desfavorecidos.
Desde os concellos, e tendo en conta a normativa vixente, pódense establecer políticas que tenten paliar os efectos da crise sobre tales sectores. É por eso polo que as políticas fiscais e de apoio económico marcadas desde os concellos cobran máis importancia ca nunca, porque poden axudar a paliar os efectos da crise, sendo conscientes de que por si solas non a van a eliminar.
Por eso, é polo que solicitamos de Vde. que a redacción das ordenanzas municipais para o ano 2009, e os importes e contías que nelas se marquen, se establezan e fixen entre todos os grupos políticos por consenso, para o que o Partido Popular se presta a dialogar e manter as reunións precisas, partindo sempre dun espíritu constructivo, de contención da carga impositiva, e de xeneración de fondos para o establecemento de axudas a familias e comerciantes, autónomos e pequenas e medianas empresas. Cómpre lembrar que o Grupo Municipal Popular presentou nos últimos meses tres mocións propoñendo medidas económicas, fiscais e de apoio ás familias e colectivos socioeconómicos máis desfavorecidos, que poden ser un marco de partida para o diálogo.
Por eso, confiamos en que esta solicitude sexa tida en conta.”