Nota de Prensa
Documentación adxunta
Adxudicación San Sadurniño – Campo do hospital
“Os populares puxemos datos enriba da mesa que fagan o mesmo os do bipartito. O deputado socialista, en cambio, ten o mesmo discurso ano tras ano e fala de investimentos que non aparecen nas contas autonómicas para 2009”
O PP RETA A REGO A DESGLOSAR “UNHA POR UNHA” AS PARTIDAS ORZAMENTARIAS “QUE INVENTOU”
* O deputado socialista afirma que as contas autonómicas para 2009 achegarán 48,1 millóns de euros, unha cantidade inflada e irreal se temos en conta que a suma dos investimentos con destino concreto na nosa comarca é de 14,9 millóns de euros, un 21% menos
* Rego debera explicar como é posible que consignando cartos ano tras ano para o corredor da costa, catro anos despois de chegar ao Goberno, non hai un só quilómetro en construción na Mariña.
A Mariña, 31 de outubro de 2008.- O Partido Popular da Mariña reta a Ismael Rego a que desglose as partidas orzamentarias que a Xunta ten previsto achegar á nosa comarca no ano 2009. “Nós puxemos os datos enriba da mesa, que fagan eles o mesmo”. O devandito emprazamento realízase despois de que o deputado socialista afirmarse que as contas autonómicas para o ano próximo destinan 48,1 millóns de euros para A Mariña cando o certo é que da suma “obxectiva e non adulterada” dos investimentos reais tan só alcanzan os 14,9 millóns, isto é, un 21% menos ca nos orzamentos anteriores e un 50.24 se os comparamos co 2005. “Que explique unha por unha as partidas que se inventou”.
“Falar como o fai o deputado socialista de que as contar para 2009 amosan o gran protagonismo da nosa comarca no conxunto de Galicia e tanto como pensar que os mariñáns somos ignorantes ou, directamente faltar á verdade. O señor Rego minte sen disimulo, e ano a ano inventa partidas que non aparecen nos orzamentos. Así o fixo no 2006, no 2007, no 2008 e agora no 2009. Ano a ano o mesmo falso discurso”. Para os populares esto constitúe un feito de enorme gravidade tendo en conta que estamos a falar de actuacións e servizos tan importantes como a sanidade, as políticas de benestar e asuntos sociais ou as nosas principais infraestruturas.” -expoñen desde o PP.
Ademais, para os populares mariñáns o progresivo descenso dos cartos que a Xunta de Galicia destina para a execución de actuacións, obras e servizos concretos na nosa comarca “amosa o pouco peso que o señor Rego ten no seo do PSOE e a nula capacidade da que dispón para defender os intereses dos mariñáns”.
ADEMAIS DE REDUCIR O INVESTIMENTO, NON EXECUTAN O QUE PROMETEN
Segundo o PP comarcal, ao descenso do compromiso inversor da Xunta na Mariña debemos engadir a falta de execución daquelas partidas, obras e servizos que consignan. Os populares lembran que a falta de execución do orzamento actual -2009- supera os 18 millóns de euros polo que “ademais de achegar cada vez menos cartos non son capaces de executar todo aquelo que prometen”
De feito, e centrándose nunha das infraestruturas de maior proxección no futuro, o corredor da costa, os populares mariñáns lembran que nos catro orzamentos elaborados polo Goberno bipartito existían partidas específicas para acometer as obras e expropiacións dos treitos desta vía que transcorren pola nosa comarca e, pese a iso, ningún destes anos chegáronse a empregar estes cartos. “Cero é o número de quilómetros construídos polo Goberno do PSOE e BNG na Mariña catro anos despois de asumir o compromiso de facelo”.
O VAC INFRAESTRUTURA PRIORITARIA DO PP DA MARIÑA
É máis, os populares lembraron que, a diferencia do feito polo bipartito ata o momento, o Executivo autonómico do PP deixou, antes de abandonar a responsabilidade de goberno, os proxectos constructivos adxudicados correspondentes ao 57% do trazado e, máis en concreto, nos treitos:
o San Sadurniño – Campo do Hospital (19,1 quilómetros) 400.316 euros
DOGA 25 de febreiro de 2005.
o Variante de Ortigueira: (10 quilómetros) 221.209 euros.
DOGA 25 de febreiro de 2005.
o Celeiro – San Cibrao (8,4 quilómetros) 201.593, 62 euros.
DOGA 25 de febreiro de 2005 (Licitación)
DOGA 11 de xullo de 2005 (Adxudicación)
Os populares ofreceron copia do Diario Oficial de Galicia nos que constan cada un dos datos explicados con anterioridade respecto dos trámites administrativos previos ao inicio das obras do VAC polo que, na súa opinión, “os catro anos de Goberno de PSOE e BNG, no que a infraestruturas podemos referir, foron catro anos de frenazo”