Nota de Prensa
O GMPP asegura que a polìtica de persoal do concello é “unha comedia”.
Os populares lembran que o convenio do persoal tampouco foi ó pleno de Setembro.
Afirman que o luns a situación nas dependencias municipais era caótica.
O GMPP asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que a política de persoal do concello é unha auténtica comedia, gracias os texes e manexes de Remedios López, e o consentimento do alcalde, que mira para outro lado coma se non fose con el, esquecendo que é a máxima autoridade em materia de persoal.
O PP lembra que o alcalde dixo hai xa dous meses que o convenio do persoal municipal estaba listo, que se ía asinar, e que iría a pleno canto antes; logo dixo que se trataría no pleno do mes de setembro, e agora dirá que se tratará no de Outubro, porque ó de Setembro non foi, polo que temos que entender que o alcalde mentiu deliberadamente. E esto, xa grave de por si, é máis grave ainda cando o convenio tiña que estar aprobado polo concello a finais do ano pasado. O que demostra a pouca capacidade de traballo do alcalde e o seu pasotismo ante os problemas do concello: dez meses para asinar un convenio de persoal; de “Guinness”.
En relación coa problemática do persoal municipal, os populares aseguran que o pasado luns, vintenove, foi de certo caos nas dependencias municipais, segundo lle comunicaron algúns veciños a concelleiros do PP, dada a ausencia de traballadores, o que provocou certos momentos de agobio.
Para os populares, esta situación, que non é nova, porque se vén dando día sí, día non, con este bigoberno, vén a demostrar a incapacidade de Remedios López para levar a área de persoal; ela pensa que o concello é o seu corralito, e que pode facer o que lle pete, e en parte faino, eso sí, co alcalde mirando para outro lado; seguimos sen ver os motivos que o moven a ceder ante todo o que fai e di Remedios López, pero alá el. Con todo, o desastre organizativo sófreno os veciños e veciñas de Burela.
Igualmente, seguen usando como proceso para o acceso a prazas temporais o mesmo ca usaba o PP, pero que eles tanto criticaron. Ainda lembramos a Dna. Sonia Fraga como entraba a traballar no concello a través de concurso de méritos e entrevista, e logo como poñía polos suelos ese sistema. Resulta curioso que o que era tan malo, e que mesmo dixeron que o eliminarían, agora o seguen usando sen ningún rubor.
Por último, e por todo elo, os populares pídenlle ó alcalde máis dedicación e ocupación nos temas municipais, e que asuma as competencias que a lei lle dá en matéria de persoal, vista a escasa eficácia da concelleira responsable da área.
En Burela, a tres de Outubro de dous mil oito.