NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que o alcalde non fixo nada por un parking soterrado.
Os populares consideran que é unha dotación urxente.
Aseguran saber como se pode construir con custo cero para o concello.
O GMPP afirmou hoxe nunha nota de prensa sentir lástima polas últimas declaracións do alcalde sobre un parking soterrado, porque demostra que non fixo nada por esta dotación tan urxente para os veciños de Burela e para o desenvolvemento comercial da vila.
Plantexar número total de prazas en superficie e a alternativa da explanada do porto para aparcar, cando el debería saber que precisamente o porto pode restrinxir o uso mañán mesmo, é mirar para outro lado e buscar disculpas de mal pagador.
Os populares afirman que se o alcalde fixo algo, debería presentar os estudios e os informes, e non adicarse a falar sen moito fundamento. Falou da estación de FEVE, falou do porto, e a conclusión é que non sabe de que fala, porque ano e medio despois das eleccións non temos nin un só documento que serva para demostrar o seu traballo.
O GMPP asegura saber como se pode construir esta infraestructura con custo cero para o concello, e mesmo con ingresos desde o momento mesmo da adxudicación da obra e da explotación.
Os populares tamén criticaron o uso que se está a dar á praza do Concello: os mesmos que loubaron a beleza da praza e estaban en contra de levantala, ainda que no seu momento votaron en contra da súa financiación para construila, son os que agora permiten a súa degradación física e estética, con pintadas, gomazos de rodas, uso de patinetes, aparcadoiro de coches, e non precisamente oficiais, etc., dando un espectáculo penoso e cochambroso dunha praza que debería ser emblemática.
Os populares afirman que o bigoberno asume a proposta do PP de baixar a contribución.
Consideran que o alcalde demostrou falla de capacidade de diálogo.
O GMPP lembra que socialistas e nacionalistas sempre votaron en contra da baixa da contribución.
O GMPP burelés afirmou hoxe que a baixada do tipo impositivo da contribución proposta polo bigoberno é recoñer que o que o PP solicitou en pleno nos meses de Xullo e Setembro, e que socialistas e nacionalistas votaron en contra, é bón para o conxunto dos veciños e veciñas de Burela. Só así e entende que sexa Remedios López quen anuncie tal medida, e non o alcalde, porque votar en contra dúas veces e logo facer xustamente o que non se apoiou é recoñecer que non se tiñan ideas e que non se traballou nada sobre o asunto.
É máis, os populares lembran que tanto os socialistas coma os nacionalistas votaron en contra da baixada da contribución tanto no goberno de Manuel Mon coma no de González Barcia. Tamén lembran que o PP xa pediu a baixada da contribución hai un ano, e o alcalde e a tenente de alcalde negáronse. Tamén adiantan que haberá que facer cálculos para conter o incremento de cara a 2010.
Ademais, os populares consideran que o alcalde demostrou flla de capacidade de diálogo; supoñemos que non se lle ocurrirá decir que se pode falar tomando un café, cando xa tén feitas as propostas, eso sí, sen chamar ó grupo político maioritario no concello e máis votado nas últimas eleccións municipais, e que polo tanto representa a un bón número de cidadáns.
Finalmente, os populares lembran que falta a primeira vez en que os tres portavoces se reunisen para falar de nada, ainda que fose de nada, despois das eleccións municipais. Os populares lembran que durante o mandato de González Barcia estas reunións tiñan unha certa frecuencia.
En Burela, a vintedous de Outubro de dous mil oito.
O GMPP de Burela.