NOTA DE PRENSA
O GMPP pide “xa” a adopción de medidas contra da crise.
Considera que o alcalde debe decir que vai facer.
Os populares estiman que no presente ano hai marxe para adoptar medidas.
O GMPP demandou hoxe do alcalde, una vez máis, que adopte medidas contra da crise económica “xa”, porque no que queda de ano hai marxe suficiente para adoptar medidas dentro do presuposto do presente exercicio, como conxelar de inmediato o gasto diverso, e limitar o gasto corrente para dotar un fondo de axudas ás familias máis desfavorecidas, que son as que contan con xubilados, parados ou dependentes.
Para os populares, este asunto é prioritario, porque os cidadáns queren saber que vai facer o concello para paliar e minimizar os efectos da crise, se sen van baixar impostos, se van aumentar, que tipo de axudas se van establecer, como se poden beneficiar os comerciantes e autónomos das medidas anticrise que defina o concello.
Polo de agora, o gasto municipal se basea no despilfarro, porque os cartos se destinan a festas, e ainda así non lles chega, porque piden axudas a outras administración, e na ausencia de rigor á hora de fixar ingresos, porque hai millón e medio de euros que non se ingresarán pero que a concelleira de Facenda, a inefable Remedios López, sacará da chistera do alcalde cando acabe o ano.
O peor de todo é que agora non poden culpar ó PP da situación, co que xa teñen un argumento menos do que tirar.
O PP sospeita que a política que se seguirá será a de Zapatero, ou sexa, a política do escapismo, a de decir que a situación non é mala, de tirar para adiante como sexa, agardando mellores tempos, pero sen preocuparse polos cidadáns, que son os que ó final non ven ningún tipo de axuda por parte do Concello.