NOTA DE PRENSA
O GMPP denuncia vertedoiros provocados polo concello.
Os populares ven ó alcalde alonxado das cuestión medioambientais.
Como poden pedir colaboración cando eles emporcallan, se preguntan os populares.
O GMPP denunciou hoxe mediante unha nota de prensa a existencia dun vertedoiro de material procedente de rozados, segados e podas, no paseo marítimo da Marosa, no seu comenzo, na zona de O Cabaliño, ó lado dunha nave industrial alí existente.
Para os populares, que aseguran que tal depósito leva alí semanas, esta non é forma de proceder, máximo tendo en conta que o concello conta cun módulo de xardinería no obradoiro de emprego.
Ademais, contamos cun punto limpo, que semella que o mesmo concello non o usa, porque no punto limpo se poden e se deben depositar os materias procedentes de rozas, podas, segados de céspede, etc., por se non o saben nin o alcalde, nin os concelleiros de Obras e de Medio Ambiente, tan sabidiños eles para outras cousas, especialmente para facer chanchullos á hora da selección de persoal.
A existencia de tales materiales nesa zona pode producir a aparición de roedores e outros animais, co que sería procedente que se retirara de inmediato. Ademais, está a escasos cincuenta metros dunha praia con bandeira azul, o que parece que non lle importa moito ó Sr. Domenech, tan preocupado el de preparar as praias, como se veu a principios do verán, ou de cumprir os prazos nas obras de Suafonte e Castrelo.
A xuizo dos populares, o alcalde está alonxado das cuestión medioambientais, o que pode considerarse normal, porque está alonxado de todo, hasta da adicación ó concello. Agora terán complicado solicitar axuda dos cidadáns, porque cando eles son os que emporcallan, pouco se pode demandar dos vecinos, ainda que estes seguirán colaborando, porque son bastante máis responsables ca quen nos “desgoberna”.