Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP comunica que se fan operacións fóra do Hospital da Costa

NOTA DE PRENSA
O PP afirma que se fan operacións de traumatoloxía fóra do Hospital.

Raquel Río lembra que as operacións de cataratas seguen facéndose en Lugo.

Os populares consideran que a Xunta marxina á Mariña e a Burela.

O Partido Popular de Burela afirmou hoxe que se seguen a practicar certas operacións de traumatoloxía a enfermos da Mariña e de Burela noutros centros sanitarios cando hai medios suficientes para facelas no Hospital da Costa, e cando se dixo que despois do verán se retomarían as operacións deste tipo no propio centro sanitario de Burela.

Raquel Río, en calidade de portavoz do PP de Burela, manifestou que as operación de traumatoloxía que se están a facer noutros centros sanitarios inclúen a colocación de prótese de cadera, de xionllos, e outras.

Ademais, o PP de Burela, a través de Raquel Río, lembra que as operacións de cataratas seguen a facerse en Lugo, coas conseguintes molestias dos pacientes, xeralmente persoas da terceira idade, que teñen que desprazarse a Lugo non unha vez, senón alomenos tres por cada intervención.

Igualmente, a portavoz dos populares bureleses Raquel Río denuncia retrasos considerables na cita previa do Centro de Saúde de Burela para facer recetas, que en certos momentos chegaron a ser de unha semana, o que consideran de todo punto inaceptable.

Por eso, o PP de Burela considera que a Xunta, PSOE e BNG se están a rir e a burlarse dos cidadáns da Mariña e de Burela, porque a asistencia sanitaria que se dá xa non tén a calidade que tiña, e porque os veciños e veciñas mariñáns e bureleses pagan relixiosamente os seus impostos e teñen todo o dereito do mundo a esixir un trato digno e axeitado á realidade do século vinteún. Ademais, o PP considera que deste xeito a propia Xunta está desprestixiando ó propio centro hospitalario para non levar a cabo a ampliación que o hospital tanto necesita, desde que fora o PP quen fixera a única ampliación realizada hasta agora.

En Burela, a oito de Outubro de dous mil oito.

Exit mobile version