Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP apoiará a aprobación por consenso do plano de Igualdade de Burela

Nota de Prensa
O GMPP apoiará a aprobación por consenso do II Plano de Igualdade do Concello de Burela.
Elisa Crego lembra que o primeiro foi feito polo PP.
Crego destaca o traballo feito por Raquel Río co goberno municipal do PP.

O GMPP apoiará a aprobación por consenso do II Plano de Igualdade do Concello de Burela, segundo manifestou hoxe a súa concelleira Elisa Crego, que dixo que o PP propoñería os engadidos que considerase necesarios para, debidamente consensuados, buscar a unanimidade.
Crego anunciou que o PP asistirá á reunión dos grupos políticos que se convoque con ánimo constructivo, reunión que deberá convocar o bigoberno burelés, porque foi o propio PP quen no Pleno no que se tratou previamente este tema o único que fixo aportacións para millorar a idea inicial do II Plano de Igualdade.
Ademais, Elisa Crego manifestou que se hai un II Plano de Igualdade, eso significa que houbo un primeiro, e ese primeiro foi elaborado polo equipo de goberno do PP, con Raquel Río como responsable de área. Crego tamén indicou que exactamente o mesmo acontece cos planos de igualdade da Xunta, xa que os dous primeiros son obra do PP.
Elisa Crego rematou indicando que non lle parece mal que a actual responsable de Igualdade intente continúar co traballo feito

Exit mobile version