Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP advirte de ausencia de policía local en noites dos fins de semana en Burela

Nota de Prensa
O GMPP advirte de ausencia de policía local noites dos fins de semana.
Os populares din que esta situación preocupa ós cidadáns.
Consideran que o alcalde é o culpable da situación.

O GMPP advirteu hoxe de que nos dous últimos fins de semana, as noites do sábado ó domingo só estiveron cubertas por un policía municipal, o que pón en risco a seguridade cidadá e motiva desprotección. De feito, nos dous fins de semana houbo chamadas de veciños que non foron debidamente atendidas, coa conseguinte sensación de intranquilidade.
Para os populares, este feito xa se deu o outono e inverno pasados, e semella que o alcalde, que é máximo responsable da policía local, segue sen enterarse de que hai mecanismos para correxir esta situación; polo tanto, el é o único culpable da situación xenerada.
Situacion que, para o PP, preocupa e moito ós cidadáns: o ano pasado xa había escritos de veciños solicitando incremento da vixiancia os fins de semana, e agora xa hai alomenos un escrito no mesmo sentido.
Polo tanto, rematan os populares, o alcalde non debe facer como fai sempre, dicindo que non pasa nada, e que son casos puntuais. O que tén que facer é pillar o toro polos cornos e poñer solucións reais que sexan percibidas polos veciños e veciñas.
En Burela, a dezaseis de Outubro de dous mil oito.

Exit mobile version